Seleccionar página

Precisas dun Carpinteiro?

LOGOTIPO SUAREZ MANTEIGA

Carpinteiro vocacional desde 1983.

Facemos todo tipo de traballos en madeira e similares. Somos expertos en carpintería a medida.

¡Trae a túa idea e farémola! Para axudarte contamos coa nosa base de carpintería tradicional e a nosa experiencia en todo tipo de proxectos, domésticos ou profesionais, utilizando materiais moi diversos.

Que facemos?

En Súarez Manteiga facemos todo tipo de traballos en madeira e similares, entre os que destacamos

Cociñas

Sexa cal sexa o teu estilo de cociña nos podemos facela usando madeira, formica, okumen ou fenólico. Deseñamos a túa cociña adaptandonos as medidas e con moitas ideas para aproveitar os recunchos.

Cociña branca

Carpintería interior

Facemos calquera traballo de carpintería interior. Portas, armarios, escaleiras, mobiliario de almacenaxe, estanterías. Somos especialistas en buscar solucións para zonas difíciles.

Cociña

Carpintería exterior

Facemos portas, fiestras e galerías en madeira ou similares de diferentes tipos e estilos, pero sempre con gran perfección conseguindo acabados de gran calidade e alta durabilidade.

Cociña

Mobiliario Negocios

Mobiliario para todo tipo de comercios ou oficinas. Grande experiencia no sector traballando para arquitectos con premios nacionais en deseño de interiores.

Mostrador en Eladio Bricotendas

Stands e Instalacións

Stands profesionais para feiras e exposicións. Traballamos sobre plano. Trae o teu deseño ou a túa idea e nos levamola a cabo.

Stand en feira de exposicións

Restauración

Hai cousas fermosas de madeira que merecen unha segunda oportunidade. Restauramos portas, valados, estantes, armarios… dandolle unha nova vida.

Porta en proceso de restauración

Galería de traballos

Aquí podes atopar algún dos nosos traballos. Son exemplos variados, tanto en entornos domésticos como profesionais.

Literas en Albergue Corredoiras
Moble multifuncional
Mobiliario en cafetería
Lámpara e mobiliario en comercio
Mobiliario en comercio
Cómoda e armario en dormitorio
Porche de madeira
Armario en dormitorio
Armario-vitrina encaixado na pedra
Parede e porta en oficina

Os nosos clientes din

Algunhas opinións dos nosos clientes, ó mellor premio ao esforzo do noso traballo.

«

«Cando montamos o albergue tiñamos claro que queriamos unha carpintería bonita, útil e a medida que aproveitara o espazo da mellor maneira posible. Desde o primeiro momento Súarez Manteiga Carpinteiro entendeu a nosa idea e levouna a cabo aportando solucións para os problemas que nos atopábamos.

Albergue Corredoiras

Carpintería a medida en habitación, sala, cociña e baños

«

«Necesitabamos hacer las ventanas y la galería en madera, por cuestiones de Patrimonio. Al principio nos parecía inviable, pero gracias a Súarez Manteiga Carpinteiro conseguimos el mejor aislamiento para nuestra casa (mucho mejor que con aluminio) y con un acabado espectacular»

Particular

Fiestras e galería a medida en madeira lacada en branco

«

«Confiamos en Súarez Manteiga Carpinteiro a fabricación dos mobles da tenda no novo local. O carpinteiro asesorounos do material a empregar tendo en conta a calidade/prezo que buscabamos. Tamén conseguimos usar uns estantes que xa tiñamos que quedaron integrados no novo mobiliario»

Arañeira. Solucións Informáticas

Mostrador e vitrinas en DM lacado en branco a medida

CHAMA

629 44 23 28

CONTACTA

Se tes algunha dúbida ou necesitas información, enche o noso formulario e responderémosche o antes posible.

3 + 3 =